Thursday 28 de March de 2024

A Coruña acolle a exposición “Puertas”, que lembra as 48 vítimas da violencia machista en 2018


 

A alcaldesa, Inés Rey, e a edila de Igualdade, Yoya Neira, asistiron á inauguración da mostra que se pode visitar no centro comercial Espacio Coruña ata o 4 de novembro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta tarde xunto á concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, á inauguración da exposición “Portas”, impulsada pola axencia Dimesión, que se pode visitar gratuitamente no centro comercial Espacio Coruña desde hoxe ata o 4 de novembro. Na inauguración tamén estiveron presentes Yessica Fonticiela,
xerente de Espacio Coruña, e Jon Martija, responsable de Comunicación da axencia

Dimensión.

Trátase de 48 portas, usadas como lenzo e convertidas en 48 obras de arte por 48 artistas. O número ten unha razón de ser: cada porta lembra e homenaxea a cada unha das 48 vítimas oficiais da violencia machista en España no ano 2018.

O obxectivo da exposición é visibilizar esa problemática e convidar á reflexión xerando un debate social. O lema da exposición é “a arte ás veces lévanos a lugares onda a razón non chega”. A esa razón tamén fixo alusión Inés Rey, quen denunciou que “esa mesma razón, a de todas e todos, a miña, non concibe que
podamos seguir pasando páxina ante este drama que toca a todas as clases sociais e a todos os puntos xeográficos, levándose por diante vidas inocentes e deixando regas de dor”.

A rexedora manifestou que “todo movemento que se faga en contra da violencia de xénero é necesario e esta iniciativa, en concreto, que tamén dá visibilidade aos

menores, é digna de admirar e de acoller nunha cidade como A Coruña que se declara totalmente en contra deste tipo de violencias” e destacou que “é unha labor de todas e todos pechar as portas á violencia”.

O prox e c to “P uer tas ”

Ao longo de 2018, por cada asasinato dunha muller a mans dun home en España, Dimension enviou unha porta a unha ou un artista que a utilizou como soporte sobre o que crear unha obra. Esa porta como lenzo representa esa realidade que está alén, co obxectivo de visibilizala. Este proceso de creación de cada porta tamén foi gravado para elaborar unha reflexión a modo de documental sobre a violencia
machista. Todo este material quedou recollido na web www.puertas.art

O Concello da Coruña lembra que ante calquera indicio de violencia machista pode acudirse ao teléfono 016, así como ao 092 da Policía Local.